Peras ao viño Albariño con anís estrelado

Estas prepareinas para regalar
 
Versión das peras ao viño, no Bierzo moi navideñas, pero máis suaves e algo especiadas. O meu avó chamábaas "peras corujas".
 
Aos meus pais non lles gostan moito as "peras corujas". Pero quería facer unha sobremesa lixeira e tradicional, así que pensei unha versión modificada.
 
O primeiro cambio é ben sinxelo, viño branco en vez de viño tinto. A cor final é dourada clara, e a sabor máis suave. O anís estrelado vén substituír á canela, e sae ben o cambio. Para terminar de afroitar a froita, engadín ralladura de limón.
 
Fixen unha cantidade respetable: catorce peras conferencia pequenas. Cómpre indicar que se facemos menos froita, e a mesma cantidade de almíbar, o resultado cambia. O sabor é máis forte.

 
Ingredientes:
- 14 peras conferencia pequenas
- 200 gr de azúcar (unha cunca)
- 200 ml de auga (unha cunca)
- 1,5 cuncas de viño branco Albariño
- raiadura de medio limón
- zume de medio limón
- 1 flor de anís estrelado
 
Pelamos as peras e as deixamos enteiras. Colocámolas nunha olla grande e baixa, engadimos todos os ingredientes e poñemos a cocer a lume baixo, con tapa. Cocemos ata que estean tenras, neste caso 40 minutos. Durante a cocción xiramos as peras.

 
Crítica:
M. e máis eu, que non temos prexuízos con este prato, estamos encantados. Ademais é facilísimo, e pódese tomar frío ou temperado. Para servir á familia acompañeinas cun bombón en forma de culleriña e con salsa de chocolate. Pero para min como están mellor é soas, no seu almíbar, que arrecende a anís.
 


Comentarios