Saltar ao contido principal

Publicacións

Destacados

Un bo polo asado, todo o arranxa

Sucumbo á comodidade e á gula de meter un polo no forno con verduras e agardar a miragre. Acontece unha hora e tres cuartos despois. Metino nun gran molde de pyrex que era da avoa. Era un polo mediano, tirando a pequeno, de curral. Froteino con sal, pementa negra e un pouco de aceite de oliva, tamén botei un pouco de sal por dentro. Ao redor coloquei unha cebola pelada e cortada en anacos, unha cabeza de allos sen pelar cortada á metade, seis cenorias da casa (moradas e laranxas) pequenas, enteiras; e unha cunca de castañas que tiña peladas e conxeladas. Un capricho porque non poden estar máis fóra de tempada. A alternativa é castañas das chamadas maiolas ou pilongas postas a remollo en auga a noite antes. Mentres non pensei nelas, ía botarlle máis cenorias e herbas (tomillo e perixel). Boteilles ás verduras un chisco máis de sal e de aceite, e regueinas co viño fino de Jerez e un chorro de auga. Foi para o forno -que tiña precalentado a 200ºC, baixei a temperatura a 18

Publicacións máis recentes

Flans de leite de coco rápidos

Caldo de fiúnchos ("caldo gitano de hinojos")

Produto impresionante da terra: as cenorias. A receita: tixola de cenorias con cominos

Cookies americanas moi fáciles

Potaxe con fabas lobas

Doces de Nadal: mantecados de abelás e glorias de xema

Doce de Nadal: polvorones

Trinxat de nabizas

Produto impresionante da terra: a remolacha

Produto impresionante da terra: as nabizas. E a receita: ensalada morna de nabizas